Criterio
Mes
Ano

O Goberno local de Alternativa dos Veciños incrementa as axudas á escolarización para as familias con dificultades económicas

28/04/2017

O Goberno local de Alternativa dos Veciños incrementará a contía das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018, así como o límite para acceder ás ditas axudas, para que as subvencións e o número de familias sexa maior. Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros para apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir, neste caso, os gastos extraordinarios que ocasiona o inicio do curso escolar.

O importe das axudas para o curso 2017/2018 serán os seguintes:

- Segundo ciclo de educación infantil: 70 € 
- Educación primaria: 80 € 
- ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € 
- Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

Nos próximos días vaise publicar no BOP a convocatoria, momento no que se abrirá o prazo para facer as solicitudes. Todas familias serán informadas desta convocatoria a través de cartas entregadas ao alumnado dos centros públicos de Oleiros, ademais de informar a través dos paneis informativos, da web municipal, de Radio Oleiros e das redes sociais.

Para calquera información ou consulta, as persoas interesadas poden acudir ás oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar ao teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa