Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños consegue que a Xunta entregue 590.000 euros para construír a rotonda de Santa Cruz

02/05/2017

Despois das xestións realizadas por parte do Goberno municipal de Alternativa dos Veciños, os representantes autonómicos enviaron no día de hoxe un convenio segundo o que a Xunta de Galicia entregará 590.000 euros ao Concello de Oleiros para a construción da rotonda de Santa Cruz no segundo semestre do ano. Ao ser finalmente o Concello quen contratará as obras, os prazos axilizaranse e poderían quedar adxudicadas no mes de setembro.

O Concello de Oleiros, malia tratarse dunha vía autonómica, expropiou os terreos precisos para a creación da rotonda, redactou o proxecto para a construción da glorieta e acometerá a desgasificación do solo nas vindeiras semanas –que terán que pagar Distribuciones Taula e Cepsa-. O convenio, que asinarán ambas administracións nos vindeiros días, tamén establece que a Xunta de Galicia entregue ao Concello de Oleiros a titularidade da avenida Ernesto Che Guevara, despois de asfaltala e reparala por completo.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa