Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación contra a especulación nos terreos públicos do porto da Coruña

05/05/2017

Alternativa dos Veciños participará na manifestación convocada para este domingo ás 12:00 horas na praza da Palloza para defender que os terreos públicos do porto da Coruña, que foron gañados ao mar, sexan espazos para a cidadanía. A intención da Autoridade Portuaria de vender ese solo para a construción de edificios e manter as concesións privadas é un acto especulativo que atenta gravemente contra a defensa do patrimonio público e que non debería realizarse desde ningunha administración. 

“O mar é de todos. Os terreos do porto da Coruña non son só dos coruñeses, son de todos e todos temos que defender que iso non sexa un novo barrio con 3.000 e pico vivendas, que é o que pretenden facer. Esa zona debe ser un grande espazo público con zonas verdes, deportivas e de ocio. Todas aquelas persoas que queremos defender a nosa costa e a nosa comarca da especulación temos unha cita este domingo na manifestación convocada para as 12:00 na praza da Palloza”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa