Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños aproba unha moción para a regularización da profesión de educación social

25/05/2017

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobou no pleno celebrado hoxe unha moción para a creación dunha lei de regularización da profesión de Educación Social. Na sesión, que non contaba con asuntos a tratar, o alcalde atendeu as preguntas formuladas polos grupos da oposición. 

A Educación social é unha das carreiras do ámbito dos servizos sociais de máis recente incorporación á oferta universitaria. O seu papel é fundamental no ámbito dos servizos sociais nun Estado democrático e de dereito xa que a súa intervención garante dereitos tan básicos como son a igualdade e a xustiza social. Por iso Alternativa dos Veciños decidiu apoiar a reivindicación dos colexios profesionais de educación social de toda España para desenvolver unha lei de regularización da profesión de educación social. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa