Criterio
Mes
Ano

O sábado 8 de xullo celébrase a I Romaría de Alternativa dos Veciños

08/06/2017

O vindeiro sábado día 8 de xullo a Finca Tenreiro, situada na localidade de Nós, acollerá a I Romaría de Alternativa dos Veciños. Unha gran festa aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen pasar unha xornada festiva nun lugar único.

Despois de moitos anos celebrando a cea anual de Alternativa dos Veciños no Mesón de Pastoriza, decidiuse achegar esta festa ao Concello de Oleiros, nunha data na que se puidera facer ao aire libre, coa intención de facilitar a participación a todos os veciños e veciñas.

Esta romaría, igual que o era cea de Pastoriza, é unha festa aberta a todas as persoas que desexen pasar un día singular e distinto, neste caso na Finca Tenreiro. Como xa é sabido, en Alternativa dos Veciños non existen carnets, polo que calquera que simpatice coa maneira de traballar e de actuar do grupo de seguro que atopará neste encontro unha grata compañía.

A entrada será libre e aberta a todos os veciños e veciñas non só de Oleiros, senón tamén doutros municipios limítrofes nos que tamén estamos a traballar arreo. Cada quen será libre de traer a comida que estima oportuna, de facela alí mesmo se o prefire, de organizarse por grupos... Haberá mesas e sillas, pulpeira, churrasco... O baile tamén estará garantizado polo grupo Undercover.

Localización da Finca Tenreiro

 

 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa