Criterio
Mes
Ano

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños pon en marcha unha campaña de recollida de material escolar para o enviar a Nicaragua

08/06/2017

O Concello de Oleiros, en colaboración co Grupo Novapescanova, procederá no mes de xullo ao envío de diverso material escolar que se atopaba sen utilizar nos colexios Luis Seoane e Rabadeira e que pasará a ter uso en dous centros de ensino de Nicaragua, na escolas Francisco José Montealegre e Alfonso Mondragón. Ambos colexios atópanse na localidade de Chinandega, unha zona especialmente empobrecida.

Todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen, poden participar neste proxecto de cooperación con Nicaragua entregando material escolar novo, ou nun estado de conservación óptimo, para que sexa incluído no envío. Os puntos de entrega son a Casa do Concello, o Centro Municipal de Formación e A Fábrica.

A maiores das apartacións que se reciban por parte dos veciños ata o día 30 de xuño, o envío estará formado por máis de 100 cadeiras, preto de 50 pupitres, 39 mesas, pantallas de proxección, un piano, material de física e química, encerados, biombos,... O material será trasladado directamente en contedores, cedidos pola Fundación Novapescanova, ata o seu destino.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa