Criterio
Mes
Ano

O traballo de Alternativa dos Veciños coas bibliotecas públicas recibe un importante premio das editoriais españolas

09/06/2017

A Federación de Gremios de Editores de España, que acubilla a máis do 90% das editoriais privadas españolas, acaba de comunicarlle ao Concello de Oleiros o prestixioso Premio Fomento de la Lectura a Bibliotecas abiertas al público. O sistema de Bibliotecas Públicas Municipais e as numerosas actividades de promoción da lectura que se desenvolven ao longo do ano foron determinantes para acceder a este importante recoñecemento. 

O galardón será entregado no mes de outubro en Madrid, no marco da Feira Internacional do Libro. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, manifestou a “importante satisfacción” do Goberno municipal por recibir un premio tan importante no que se elixe o mellor sistema de bibliotecas de toda España.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa