Criterio
Mes
Ano

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños demándalle á Xunta que tramite a alta do ascensor do Colexio Juana de Vega

10/06/2017

Dous anos despois da finalización das obras do Colexio Juan de Vega de Nós, a Consellería de Educación aínda non deu de alta o ascensor do centro. Ante esta situación, o Concello de Oleiros demandaralle novamente á Xunta de Galicia que resolva esta situación que causa graves incomodidades ao alumnado con mobilidade reducida e ás persoas que realización o servizo de limpeza no recinto.

“Desde o Concello de Oleiros temos a obriga de manter o ascensor, pero ata que a Xunta o dea de alta non podemos facer nada. O tema urxe bastante porque hai nenos que o necesitan e as persoas que limpan tamén o precisan”, explicou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa