Criterio
Mes
Ano

Facenda Municipal comeza a prestar servizo no novo edificio situado no centro de Oleiros

19/06/2017

Entre hoxe e mañá completarase a apertura da nova sede da Facenda Municipal quedando situada no centro de Oleiros, no número 3 da avenida Francisca Herrera, no edificio adquirido ao Banco Popular. As instalacións que viñan prestando servizo ata agora, nas inmediacións da rotonda de Santa Cristina, pecharán definitivamente. Igualmente, a parte da área económica municipal que se atopaba no edificio municipal do Parque Víctor Jara. 

Con este cambio de sede, e polo tanto co agrupamento da Facenda Municipal, o Goberno de Alternativa dos Veciños quere mellorar o servizo de atención aos veciños e veciñas así como o de facilitarlles todos os tramites económicos que teñan que levar a cabo. As novas instalacións albergarán: a Concellería de Economía e Facenda, Recadación Municipal, Xestión Tributaria, Intervención, Contabilidade e Tesouraría.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa