Criterio
Mes
Ano

O Ministerio de Fomento volve enganar aos veciños de Oleiros e da comarca

23/06/2017

O Ministerio de Fomento non contratará a obra de Sol y Mar, polo menos ata finais do 2018. Baixo a escusa de que van modificar o proxecto, a partida de 2,1 millóns incluída nos orzamentos do Estado para iniciar a obra no 2017 non será executada. 

O Concello de Oleiros puxo hai varios meses a disposición do Ministerio, despois dun acordo de cesión gratuíta co propietario, o terreo preciso para abordar a obra sen necesidade de iniciar ningún proceso de expropiación. A pesar diso, a creación dun paso soterrado e de carrís de servicio e dunha rotonda en superficie para acabar cos atascos nesta zona seguirá sen contratarse. 

Son milleiros os condutores de Oleiros e da comarca da Coruña que padecen a diario colas interminables nos seus vehículos debido á non realización desta obra, demandada desde hai moitos anos por parte de Alternativa dos Veciños. “Existe un abandono total das infraestruturas viarias da comarca da Coruña. Isto vén de anos, pero haberá que seguir loitando e machacando, lamentando que teñamos uns representantes tan débiles no Congreso dos deputados, tanto no goberno como na oposición. Hai deputados do PP da Coruña que non fan nada de nada, non só teñen que demandar cousas os que están na oposición”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa