Criterio
Mes
Ano

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños toma medidas contra os abusos de Gas Natural Fenosa

27/06/2017

O Concello de Oleiros procederá a sancionar economicamente a Gas Natural Fenosa se non retira o poste que se atopa no medio da beirarrúa na avenida Francisca Herrera. No caso de que a compañía non realice o soterramento dos cables e quite o poste terá que afrontar unha multa de 1.000 euros cada tres meses.

Tal e como estipula a lei, Gas Natural Fenosa está obrigada a soterrar os cables e levalos polas canalizacións existentes nesta zona urbana. A pesar diso, meses antes, xa pretendeu cobrarlle 11.700 euros a un veciño por realizar ese traballo.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa