Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños incrementa o patrimonio municipal cunha nova casa nas inmediacións da praia de Bastiagueiro

04/07/2017

O Concello de Oleiros tomou posesión o pasado mes de abril da casa e da finca situada a carón do aparcadoiro público máis próximo á praia de Bastiagueiro. Esta nova propiedade municipal, que se atopaba en zona verde, foi expropiada por 136.668,67 euros. O Goberno local pretende destinar a planta baixa da vivenda ás actividades municipais náuticas que se desenvolven na praia e o primeiro andar a préstamo para celebración de festas infantís.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa