Criterio
Mes
Ano

Máis de 1.400 persoas participan na primeira Romaría de Alternativa dos Veciños

08/07/2017

A primeira Romaría de Alternativa dos Veciños converteuse nun encontro multitudinario de veciños e veciñas da comarca. Máis 1.400 persoas gozaron durante o día de hoxe da festa organizada por Alternativa na Finca Tenreiro, un gran parque público de máis de 30.000 metros cadrados situado na localidade de Nós. 

O evento desenvolveuse nun ambiente festivo e de convivencia moi agradable. Aínda que o xantar foi o momento álxido da xornada, concentrando o maior número de persoas, a romaría prolongouse ata a chegada da noite con xogos e diferentes actividades para nenos e adultos e a actuación musical do grupo Undercover. 

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, agradeceu a todos os asistentes a súa presenza na Finca Tenreiro. O alcalde de Oleiros e deputado provincial tamén quixo destacar durante a súa intervención desde o palco a participación na festa de veciños de Oleiros e doutros municipios da comarca.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa