Criterio
Mes
Ano

A campaña de cooperación con Nicaragua posibilita o envío dun gran contedor con material escolar cara dous colexios

14/07/2017

O Concello de Oleiros enviou un gran contedor de 12 metros con diverso material escolar para dúas escolas dunha das rexións máis pobres de Nicaragua. Centos de veciños e veciñas participaron nesta campaña de cooperación para a que o Concello aportou tamén numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

O envío realízase en colaboración co Grupo Novapescanova, que o trasladará directamente ata o seu destino, en Nicaragua. Os recepetores serán as escolas Francisco José Montealegre e Alfonso Mondragón. Ambos colexios atópanse na localidade de Chinandega, unha zona especialmente empobrecida dentro do segundo país máis pobre de Latinoamérica.

Ademais de todas as achegas realizadas por parte dos veciños, o contenedor leva centos de cadeiras, pupitres, mesas, pantallas de proxección, un piano, material de física e química, encerados, biombos,...

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa