Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros pasará a ser propietario de 107.000 metros cadrados en Bastiagueiro

27/07/2017

A Deputación da Coruña acordará mañá a cesión gratuíta ao Concello de Oleiros de 107.000 metros cadrados, na contorna do estadio do INEF, para que pasen a ser propiedade municipal. A maioría deste solo está cualificado polo Plan xeral como zona verde e outra parte está destinada a zona de equipamentos sociais, deportivos e culturais.

Na actualidade, o Concello xa dispón de 21.000 metros cadrados nesa zona, nos que foron construídos o aparcadoiro e as pistas de monopatín. O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños pretende sanear e ordenar todo o ámbito e crear novos equipamentos, tanto para o INEF como para o Concello, cando existan os fondos económicos precisos.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa