Criterio
Mes
Ano

O Pazo de Arenaza convertirase nun espazo de Coworking para emprendedores da contorna

31/07/2017

O Pleno provincial da Deputación ven de aprobar un convenio interadministrativo co Concello de Oleiros a través do cal, o segundo cede o Pazo de Arenaza a cambio das obras de acondicionamento e o impulso dun espazo de coworking destinado ás persoas emprendedoras da contorna.

 

O proxecto, incluído dentro do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, ten un orzamento total de 253.837,90 euros, dos cales o Ente provincial poderá cubrir ata 250.000. O Concello de Oleiros encargarase da contratación das obras a través de procedemento aberto. As citadas obras de acondicionamiento, deberán estar rematadas no prazo dun ano e a vixencia do convenio será de 15.

 

Ángel García Seoane quixo agradecer públicamente no Pleno provincial o traballo e dedicación do personal da Deputación: “Grazas á dedicación dos funcionarios desta Deputación, o proxecto pódese sacar adiante e está sendo aprobado neste mes de xullo. A creación deste espazo de coworking é un impulso moi importante para o emprendemento da contorna. Ademáis, dalle unha nova función a un enclave marabilloso do Concello de Oleiros como é o Pazo de Arenaza”.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa