Criterio
Mes
Ano

Marcos Ana e Eduardo Galeano terán cadansúa rúa en Mera

10/08/2017

Marcos Ana e Eduardo Galeano terán as súas respectivas rúas na localidade de Mera, na nova urbanización que vai desenvolverse entre Pinar do Río e Lamalonga. O Goberno municipal decidiu outorgarlles aos novos viais o nome destes dous insignes escritores que amosaron ao longo da súa vida un compromiso total e unha loita inquebrantable para mellorar a sociedade.

Fernando Macarro Castillo, máis coñecido como Marcos Ana, foi un ilustre poeta e loitador antifranquista que estivo preso durante 23 anos da súa vida por defender a democracia durante o réxime fascista. Ana foi dos presos que máis tempo cumpriu de condena nos cárceres de Franco. Con tan só 18 anos foi detido e condenado a morte. No 1961 foi liberado grazas á presión internacional e a partir desa data desenvolveu, desde París, un importante traballo para os presos políticos. No ano 2003 foi homenaxeado polo Concello de Oleiros nun acto multitudinario celebrado no centro cultural A Fábrica.

O polifacético escritor uruguayo Eduardo Galeano foi unha persoa tremendamente comprometida. Escritor de ensaio e narrativa, fundador de numerosos xornais e publicacións, cronista certeiro e valente retratou a sociedade contemporánea afondando nas súas lacras e nas súas pantasmas. Tamén estivo na Fábrica, nunha charla coloquio que ofreceu sobre América Latina no 2006.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa