Criterio
Mes
Ano

O sábado ás 12:30 horas inaugúrase o novo tramo do paseo marítimo de Mera, entre Santa Ana e Canide

26/09/2017

O vindeiro sábado ás 12:30 horas procederase ao acto de inauguración do novo tramo do paseo marítimo de Mera que vai desde o miradoiro de Santa Ana ata Canide. Esta obra realizada polo Concello de Oleiros tivo un custo de 447.154,35 euros, aos que hai que sumarlle máis de 21.000 euros de gastos de redacción do proxecto e das expropiacións.

Este novo paseo marítimo de Mera, permitirá que todos os veciños e veciñas poidan camiñar desde Mera ata a localidade de Breixo na parroquia de Dorneda por terreo público pegado ao mar. Nos 27 km de costa que hai en Oleiros, só existe un tramo de menos de 1 km que non é accesible, na parroquia de Dorneda, entre a praia das Margaridas e Naval.

Este paseo é un proxecto que a Dirección Xeral de Costas se comprometera a realizar hai máis de dez anos. Daquela se lle esixira ao Concello de Oleiros a expropiación do solo na zona de servidume da costa. A pesar de que se realizou a expropiación cun forte investimento económico e de proxectos, igual que aconteceu no contorno da praia de Naval, os terreos nunca foron obrados polo Ministerio.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa