Criterio
Mes
Ano

A Xunta segue a reclamar ao Concello o pago dunha taxa por unha actividade que non realizou e impide o asfaltado dun camiño en Mera

27/09/2017

A Consellería de Medio Rural está a impedir a contratación dos traballos de pavimentación dun camiño municipal, a rúa Agurniño en Mera, que se atopa incluído no Plan de Melloras de Camiños Municipais 2017-2018. Para esta obra, que ten un custo de 70.000 euros, a Consellería aportaba 41.004 euros e a cantidade restante procedería das arcas locais. 

Medio Rural argumenta que o Concello ten unha débeda coa Xunta de Galicia de 51,32 euros polas taxas de ocupación do Porto de Lorbé para a realización da Festa da Centola, unha actividade privada que organizou a Cofradía de Pescadores de Lorbé e que se celebrou o pasado ano. Unha festa á que acudiu case toda a directiva provincial do Partido Popular e a consellería do Mar, Rosa Quintana. 

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños amosa a súa máis enérxica repulsa a este tipo de actuacións vergoñentas das administracións, que interpretan ao seu gusto e vontade a imposición de taxas. O Concello de Oleiros, xa cando a Xunta pretendía cobrar a taxa no seu día, dirixiuse ao organismo autonómico para informalo de que nada tiña que ver coa organización desta festa. O Concello simplemente colaborou coa Cofradía de Pescadores de Lorbé no evento, para facilitarlles a súa realización, aportando vallas e mesas para a degustación das centolas por parte dos representantes do PP e dos demais comensais que acudiron a esta festa.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa