Criterio
Mes
Ano

O Goberno de Alternativa dos Veciños aprobará no pleno unha proposta para que a Xunta constrúa as beirarrúas en Lorbé

27/09/2017

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobará no pleno ordinario do Concello de Oleiros, que se celebra mañá xoves a partir das 20:00 horas na Casa Charry, unha proposta na que se lle demandará á Xunta de Galicia a construción das beirarrúas en Lorbé, por tratarse esta dunha estrada da súa titularidade. O Concello de Oleiros, despois de chegar a acordo de cesión gratuíta con todos os veciños, dispón do solo preciso para a realización desta importante obra.

“Fixemos un traballo porta a porta cos veciños de Lorbé que entregaron gratuitamente ao Concello de Oleiros o solo necesario para construír os tramos de beirarrúas que faltan entre a Casa do Pobo e o linde con Sada. Como a estrada é autonómica, imos aprobar no pleno unha petición para que a Xunta, á que lle imos entregar ese solo, constrúa esas beirarrúas nesta localidade tan importante do municipio”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ademais deste asunto, o Goberno municipal aprobará definitivamente a Ordenanza municipal reguladora de instalacións para apeiros de labranza no solo clasificado de rústico e a modificación do Plan Xeral para continuar co proceso de descatalogación de varias vivendas de Coruxo e Oleiros que non teñen interese arquitectónico.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa