Criterio
Mes
Ano

A Xustiza dá a razón a Alternativa dos Veciños no caso do Museo da automoción da Fundación Jorge Jove

27/09/2017

• Alternativa dos Veciños denunciou no pleno provincial do 30 de decembro de 2015 o convenio co Concello da Coruña para outorgar unha subvención de 202.555,18 € para a Fundación Jorge Jove sobre un orzamento de 253.193,97 €.

• O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños advertiu no orzamento da subvención un sobrecusto de 139.116 euros e grazas á súa intervención no pleno de 2015, o asunto quedou retirado da orde do día para ser investigado.

 

O Xulgado Contencioso-administrativo número 4 de A Coruña desestima o recurso da Fundación Jove contra a Deputación da Coruña por paralizar a subvención para o Museo da automoción.

 

A xustiza dálle unha vez máis a razón ao grupo Alternativa dos Veciños tras desestimar o recurso da Fundación Jove pola suspensión do pago da Deputación ao seu Museo da automoción. Grazas á intervención do grupo de Alternativa dos Veciños no pleno provincial de 2015 a través do seu voceiro, Ángel García Seoane, o convenio co Concello da Coruña non foi asinado e a subvención foi retirada da orde do día e se procedeu a investigar posibles irregularidades no convenio.

 

Un orzamento desorbitado

No orzamento de 253.193,97 euros presentado pola Fundación, incluíanse os170.273,97 euros do aluguer do espazo en ExpoCoruña entre o 26 de marzo e o 14 de abril de 2015. A Intervención da Deputación formulou un reparo a este convenio engadindo que a Fundación tería que aportar «un informe pericial que acredite que dichos precios se ajustan a los normales del mercado», posto que se estaban a falar dun custo por día de 9.738,21 euros entre o aluguer e o importe percibido pola Fundación Jove.

 

Antes da celebración do Pleno, Alternativa dos Veciños descubriu que ese prezo tiña unha evidente inflación e decidiu contrastar información coa empresa: «Está claro que aquí hai algo que cheira mal. Eu preocupeime de contrastar os prezos de aluguer coa propia ExpoCoruña e para unha exposición como a que aquí se pretende subvencionar, déronme un orzamento de 31.157 euros, é dicir, 139.116 euros máis económico que o que a Fundación Jove trae aquí. Isto apesta, e eu vou votar en contra se non se retira da orde do día», aseguraba García Seoane na súa intervención plenaria do 30 de decembro.

orzamentojove.jpg

 

 

Carlos Negreira, que por entón era o voceiro provincial do Partido Popular, tratou de desviar a atención do tema acusando a García Seoane de facer "demagoxia". Os tribunais dan de novo a razón a Alternativa dos Veciños.

 

 

Le a acta plenaria completa do 30 de decembro de 2015 premendo aquí.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa