Criterio
Mes
Ano

Centos de veciños e veciñas inauguran o novo paseo marítimo entre Santa Ana e Canide

30/09/2017

Este mediodía realizouse o acto de inauguración do novo paseo marítimo de Mera, que vai desde o miradoiro de Santa Ana ata Canide. Duns 700 metros de lonxitude, este novo tramo custou 468.653,27 euros –entre obras, expropiacións e proxecto- e denominarase Balcón de Maianca.

O novo paseo marítimo dálle continuidade ao xa existente en Mera e permitirá conectar a praia de Espiñeiro con Dorneda, a través das zonas verdes das que está dotada a urbanización de Canide. Con esta actuación, toda a costa do Concello de Oleiros é transitable e accesible agás un tramo dun quilómetro, entre a praia das Margaridas e a praia de Naval.

Durante a súa intervención, o alcalde de Oleiros destacou as numerosas trabas que tivo que superar o Goberno municipal para levar adiante esta obra, que nun primeiro momento ía asumir o Ministerio de Medio Ambiente pero que ante as continuas demoras e enganos tivo que acabar realizando o Concello de Oleiros. García Seoane tamén agradeceu a todos os asistentes a súa presenza e o seu apoio para poder levar adiante unha obra tan importante para todos os veciños e veciñas.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa