Criterio
Mes
Ano

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños destina 85.100 euros para os nenos e nenas que usan o comedor escolar

04/10/2017

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños ten dúas liñas de actuación coordinadas e complementarias para axudar ás familias dos nenos e nenas que teñen que facer uso do comedor escolar dos centros de ensino público do municipio. Para facilitar a conciliación, o Concello de Oleiros conta cunhas subvencións para a asistencia aos comedores escolares. Ademais, o Concello asume a totalidade dos gastos de comedor daqueles nenos e nenas pertencentes a familias que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. 

Nas subvencións destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPAS repártense 35.100 euros. O prazo de demanda destas prestacións xa está aberto. As solicitudes poderán presentarse no centro cultural A Fábrica ata o 25 de outubro. A contía exacta que se lle concederá a cada solicitante dependerá da renda per cápita da familia. 

Ademais destas subvencións, o Goberno municipal destina 5.000 euros mensuais para os gastos de comedor dos menores en situación de vulnerabilidade, que neste momento son 40. Grazas aos convenios asinados coas ANPA, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos de ensino de Oleiros e que actúan como entidades colaboradoras, o Concello asume o 95% ou o 100% do gasto do comedor escolar daqueles nenos e nenas con familias nunha situación de vulnerabilidade.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa