Criterio
Mes
Ano

A Asemblea Xeral acorda presentar candidaturas en todos os concellos da comarca

06/10/2017

As máis de 200 persoas que participaron na Asemblea Xeral de Alternativa dos Veciños decidiron por unanimidade presentar candidaturas en todos os concellos da comarca nas vindeiras eleccións municipais de 2019. Ademais, deixouse a porta aberta a presentarse tamén noutras áreas da provincia. 

Na Asemblea analizouse e debateuse a situación actual do grupo político e a importancia de ter un deputado provincial. As persoas que interviron coincidiron en destacar os cambios que se estaban a producir na Deputación da Coruña grazas ao traballo desenvolvido por Ángel García Seoane. 

Tal e como se acordou, inicialmente Alternativa dos Veciños presentará candidaturas en todos os concellos da comarca da Coruña, aínda que tamén habería posibilidades de concorrer noutros municipios. O obxectivo que se persegue é trasladar o modelo de Oleiros a outros concellos limítrofes que actualmente están semiparalizados debido á minoría dos gobernos e aos boicots perpetrados por algúns grupos que se atopan na oposición. Para rematar con este tipo de situacións e poder realizar os proxectos que demandan os veciños, Alternativa pretende chegar a acordos para acadar pactos e formar maiorías que permitan desbloquear as corporacións.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa