Criterio
Mes
Ano

As entidades veciñais participan na elaboración dos orzamentos municipais

06/10/2017

Nestes días as entidades veciñais do Concello de Oleiros están a recibir as cartas nas que se lles solicita a súa participación para a elaboración dos orzamentos. Os colectivos máis representativos do municipio teñen ata o día 20 de outubro para remitir ao Goberno municipal de Alternativa dos Veciños as súas propostas, para estudar a súa viabilidade e, de ser o caso, que poidan ser engadidas no documento orzamentario.

As previsións económicas que tiña o Concello para o ano 2017 estanse a cumprir. Aínda así e malia contar cos recursos, a normativa imposta polo Goberno central que limita o teito de gasto dos concellos impedirá a contratación dalgunhas das obras previstas e demandas polos veciños. Iso non supón que non vaian levarse a cabo xa que aquelas que finalmente non se poidan realizar antes de final de ano, priorizaranse no 2018. O alcalde dará unha explicación nunha asemblea, á que serán convocadas todas as entidades, e informara sobre cales son as obras que quedarían pendentes de realizar ata o próximo exercicio.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa