Criterio
Mes
Ano

Todas as liñas de autobuses de Oleiros entrarán no centro da Coruña

20/10/2017

Todas as liñas de autobuses existentes no Concello de Oleiros que se dirixen á Coruña chegarán ata o centro da cidade. Está previsto que nos vindeiros días entren en funcionamento as novas paradas que estarán situadas na praza da Palloza, na praza de Ourense e en Entrexardíns.

Tan pronto como a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña rematen as obras que están a realizar na zona de Entrexardíns, os autobuses pasarán polas novas paradas. Segundo as estimacións de ambos organismos, os traballos deberían estar rematados nos primeiros días de novembro.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa