Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños aprobará no pleno a cesión de solo para a construción dun novo depósito de auga en Nós

25/10/2017

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobará no pleno ordinario do Concello de Oleiros, que se celebra mañá xoves a partir das 20:00 horas na Casa Charry, acesión do solo necesario para que Emalcsa constrúa un novo depósito de auga xunto ao xa existente en Sarro. A nova infraestrutura terá unha capacidade de 1.500 metros cúbicos e abastecerá aos veciños de Nós e Cambre. 

Noutros dos asuntos, aprobarase a inclusión nun plan da Deputación da Coruña das obras de construción dunha cuberta nas gradas do campo de fútbol Leonardo Maceira, nos Regos, e de pavimentación da rúa Avelino Cachafeiro, en Nós, por un importe total de 178.000 euros.Ademais destas dúas obras, o Concello de Oleiros xa ten incluídas no Plan Provincial POS+ 2017 a renovación da rede de augas na avenida das Mariñas, na zona do Graxal, e na avenida Concepción Arenal, en Santa Cruz, cun custo de 341.876 euros. 

Na sesión de maña tamén está prevista a modificación de varias ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC. Entre os impostos que se verán alterados atópase o Imposto de Bens Inmobles de Características Especiais, que grava unicamente a Autopistas del Atlántico e que terá que pagar un 46,15% máis que ata o de agora e a taxa de sumidoiro, que experimentará un incremento de 21 céntimos. Cando o consumo sexa superior aos 27 metros cúbicos, ademais deses 21 céntimos, incrementarase 1 céntimo por metro cúbico. 

O Goberno municipal tamén aprobará unha subvención de 13.820 euros para que a ONG Solidariedade Galega desenvolva un proxecto de cooperación sanitaria en Chiapas. 

Antes do pleno procederase á lectura dunmanifesto para amosar a solidariedade de Oleiros coa frota pesqueira de Gaza, que se atopa baixo un bloqueo israelí. As forzas de ocupación restrinxen a pesca a un máximo de 6 millas cando os acordos de Oslo permiten navegar a 20.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa