Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños esixe unha lexislación efectiva para previr os lumes no monte galego

27/10/2017

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños fai un chamamento á responsabilidade política de todos os grupos para evitar a instrumentalización política das traxedias e para chegar a consensos sobre políticas de prevención efectivas.

 

O Pleno provincial da Deputación da Coruña ven de aprobar este venres 27 de outubro os textos de dúas mocións apoiadas polos grupos PSOE, BNG, Alternativa dos Veciños, Marea Atlántica e Compostela Aberta; ambas orientadas a esixir un modelo de xestión do monte galego baseado nas medidas de prevención de lumes.

 

Ángel García Seoane, voceiro do grupo provincial de Alternativa dos Veciños, interveu no debate para lembrar ao resto de deputados a necesidade dun plan que incentive medidas de promoción dos sectores agrícola e gandeiro, tan cruciais para evitar o éxodo rural e o abandono dos montes. Tamén fixo alusión á importancia dunha lexislación que permita aos concellos a contratación de servizos de limpeza do monte en terreos abandonados polos seus donos: «Claro que hai quen prende o monte, pero non os partidos que estamos aquí representados, e na nosa man está evitar esta traxedia. Impulsando unha lexislación clara que nos permita actuar aos alcaldes con medios suficientes para poñer en marcha medidas preventivas efectivas», afirma Seoane. Para o voceiro de Alternativa dos Veciños, a prevención é fundamental e é imprescindible abandonar o «postureo» político.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa