Criterio
Mes
Ano

A urbanización Mesón da Auga contará cun novo parque infantil

10/11/2017

O Concello de Oleiros ampliará a actual zona de xogos infantís existente na urbanización Mesón da Auga ante o elevado número de nenos e nenas que residen nesta zona. Esta obra será contratada nas vindeiras semana e superará os 24.000 euros.

O Concello de Oleiros conta con máis de 60 parques infantís espallados por todo o municipio. Todos eles cumpren coa normativa europea de seguridade e son inspeccionados periodicamente.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa