Criterio
Mes
Ano

O xoves terá lugar unha asemblea informativa na Fábrica sobre a creación da Área Metropolitana

20/11/2017

O centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o xoves ás 19:30 horas unha asemblea na que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informará sobre o proceso de creación da Área Metropolitana da Coruña e os beneficios que ten para a cidadanía a constitución deste novo organismo. A asemblea é aberta tanto ás entidades do municipio como a todos os veciños e veciñas. 

Con este encontro, que está a levarse a cabo tamén nos demais municipios da comarca, preténdese concienciar a poboación da importancia que ten este asunto. “Esta comarca necesita que todos os concellos esteamos unidos para ter máis forza e conseguir os servizos e infraestruturas que se nos negan e que tanto necesitamos. A única forma é a través da Área Metropolitana, todos xuntos, deixando a un lado os partidismos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Consulta pública sobre a creación da Área Metropolitana da Coruña: https://www.coruna.gal/estrategia-metropolitana-amac/es/procesos-participativos/consulta-publica/consulta-publica

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa