Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños divulgará o seu modelo de xestión das casas de préstamo nunhas xornadas na Coruña

21/11/2017

O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, participará o vindeiro xoves nas xornadas Hiperespazos, a casa fóra da casa que se desenvolverán no centro Ágora da Coruña desde o mércores ata o venres. García Seoane falará sobre o modelo de xestión das casas municipais de préstamo e dos numerosos equipamentos e instalacións públicas que utilizan os veciños e veciñas do Concello de Oleiros.

As xornadas contarán coa participación de relatores procedentes de todo o Estado que amosarán exemplos como o de Oleiros, que non son comúns, e que poderían servir de referencia para que outros territorios modifiquen os usos dos espazos e equipamentos institucionais.

A conferencia do alcalde será no centro Ágora, o xoves ás 10:45 horas. O acceso é libre e gratuíto, ata completar a capacidade, con inscrición previa no enderezo: hiperespazos@coruna.es.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa