Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños divulga o modelo de xestión dos equipamentos municipais nunhas xornadas na Coruña

23/11/2017

O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, participou esta mañá nas xornadas Hiperespazos, a casa fóra da casa que se desenvolven estes días no centro Ágora da Coruña. García Seoane falou sobre o modelo de xestión das infraestruturas públicas do Concello de Oleiros e de como o Goberno municipal foi acadando os numerosos equipamentos e instalacións públicas que utilizan os veciños e veciñas do Concello de Oleiros.

Durante a súa intervención, o alcalde destacou a importancia do Plan Xeral para posibilitar a creación das infraestruturas e espazos públicos existentes en Oleiros. Igualmente defendeu o modelo de xestión dos equipamentos municipais que realiza o Goberno municipal e que permite o seu uso tanto polas máis de 60 entidades do municipio como por centos de cidadáns de maneira particular.

As xornadas contan coa participación de relatores procedentes de todo o Estado que amosan exemplos como o de Oleiros, que non son comúns, e que poderían servir de referencia para que outros territorios modifiquen os usos dos espazos e equipamentos institucionais. 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa