Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños favorece a aprobación dos orzamentos provinciais para 2018

24/11/2017

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños amosa o seu apoio na aprobación dos orzamentos da Deputación da Coruña para o exercicio 2018 por un importe de 178.950.000 euros. 

O Pleno da Deputación provincial da Coruña ven de aprobar os orzamentos para o ano 2018 cun importe 1,38 % maior ao de 2017 co apoio de Alternativa dos Veciños. O maior incremento con respecto ao ano pasado, experiméntase no capítulo de gastos de persoal, que aumenta máis de 2,5 millóns de euros. Por contra, baixa a asignación na xestión de plans en 4 millóns de euros e en vías e obras en case 2 millóns. Neste último tema fixo especial énfase o voceiro do grupo, Ángel García Seoane, na súa intervención plenaria:  «A rede de estradas provinciais é moi extensa e precisa dun verdadeiro mantemento que asegure a calidade de vida de todas as persoas da provincia». 

Neste Pleno tamén foi aprobada co apoio de Alternativa dos Veciños unha moción da Plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA para a retirada do anteproxecto de modificación da Lei Galega de Saúde do ano 2008.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa