Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños critica o bloqueo de Arteixo á creación da Área Metropolitana

27/11/2017

Ángel García Seoane, voceiro de Alternativa dos Veciños ven de asegurar na súa intervención en "Voces de A Coruaña", en Radio Voz, que a creación da Área Metropolitana pode solucionar problemas de importancia tan vital como a xestión da auga, o transporte público e os accesos á cidade da Coruña, o progreso económico ou a creación de emprego. 

 

Para o deputado provincial de Alternativa, as asembleas informativas que se están a celebrar nos concellos da comarca da Coruña son moi importantes de cara a establecer vías de comunicación coa cidadanía. Da mesma forma, Gelo critica a falta de colaboración de certos concellos que deciden unilateralmente saírse do proxecto da Área Metropolitana e desinformar á veciñanza a respecto deste tema: «Arteixo está poñendo a proa en contra a este proxecto. Hai que deixar de boicotear e os cidadáns tamén teñen que ser conscientes do progreso que lle pode traer a creación da Área Metropolitana á comarca máis importante de Galicia».

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa