Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños lamenta o falecemento do colaborador de Radio Oleiros Nano García

29/11/2017

Alternativa dos Veciños quere expresar o seu profundo pesar pola morte de Fernando García Núñez, veciño de Iñás e colaborador de Radio Oleiros desde hai máis de 20 anos. Actualmente dirixía o programa Sintonía Deportiva no que informaba dous días á semana sobre a actualidade deportiva do municipio.

Nano García sempre foi unha persoa estreitamente vinculada ao Concello de Oleiros e ao deporte. Ademais da súa participación en Radio Oleiros e noutros medios de comunicación, tamén colaborou na organización de numerosos eventos deportivos no municipio.
 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa