Criterio
Mes
Ano

O sábado inaugúrase no Castelo unha exposición de carteis sobre Ernesto Che Guevara

29/11/2017

O Castelo de Santa Cruz acollerá o vindeiro sábado ás 12:30 horas a inauguración dunha exposición sobre carteis e diversas publicacións relacionadas con Ernesto Che Guevara e Cuba. Con esta iniciativa pretende reivindicarse a figura dun símbolo mundial de todos os pobos que loitan contra a opresión polo 50 aniversario do seu asasinato.

“Imos lembrar a imaxe do Che cunha colección de carteis que levamos recompilando desde hai máis de 30 anos en distintos lugares de Cuba. Será unha exposición moi singular que contará tamén con publicacións sobre este guerrilleiro”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Castelo de Santa Cruz ata o mes de xaneiro.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa