Criterio
Mes
Ano

A mostra de carteis Che 50 anos estará dispoñible ata o 7 de xaneiro

02/12/2017

Esta mañá inaugurouse no Castelo de Santa Cruz a mostra Che 50 anos que recolle numerosos carteis e algunhas publicacións relacionadas con Ernesto Che Guevara. Moitos dos elementos da exposición son inéditos e foron recollidos ao longo dos anos nas viaxes realizadas polo Concello de Oleiros a Cuba. 

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, foi o encargado de abrir a mostra. Durante a súa intervención, destacou a figura de Che Guevara, o seu espírito de loitador e a importancia que ten a súa figura para todas as persoas e os pobos do mundo que loitan contra a opresión. 

A mostra estará aberta de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Os sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Os domingos só abrirá pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa