Criterio
Mes
Ano

As entidades deportivas de Oleiros recibirán máis de 65.000 euros da Deputación da Coruña en subvencións

14/12/2017

A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia as subvencións ás entidades deportivas para participación en competicións nacionais e internacionais e para a adquisición de infraestruturas e equipamento deportivo. Nestas dúas convocatorias, os clubs de Oleiros recibiron un total de 25.858,33 euros: 

- Agrupación Deportiva Fogar: 6.000 euros

- Escola Ximnasia Acordes: 5.733 euros

- S.C.D. Rabadeira: 5.000 euros

- Centro Deportivo Mariñeiro: 4.840 euros

- Club Regatas Perillo: 2.500 euros

- Triatlón Oleiros: 1.785,33 euros 

A pasada semana, a Deputación provincial publicara as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas durante o ano 2017. Nese programa, as entidades de Oleiros recibiron un total de 39.971 euros: 

- Club Cabi: 6.970 euros

- Club Acuatic: 6.395 euros

- Club Patinaxe Oleiros: 3.620 euros

- Club Maxia: 3.070 euros

- Asociación Deportiva Cristo Rey: 2.500 euros

- Club Deportivo Obrero: 2.500 euros

- Xuventude de Dorneda: 2.500 euros

- Marino de Mera: 2.500 euros

- Mera Fútbol Sala: 2.470 euros

- Club Atlético Perillo: 2.271 euros

- Club de Fútbol Santa Cruz: 1.955 euros

- Hércules de San Pedro: 1.720 euros

- Unión Campestre de Montrove: 1.520 euros

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa