Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños agarda que Fomento e a Xunta contraten no 2018 as obras de Sol y Mar e da conexión da vía Ártabra coa AP-9

15/12/2017

Alternativa dos Veciños congratúlase de que por fin se aprobe o segundo proxecto para realizar a obra de Sol y Mar que leva demandando durante tantos anos o Goberno municipal, o cal conseguiu os terreos necesarios para a realización deste proxecto grazas ás cesións de particulares ao Concello. A alegría é parcial e non será total ata o momento no que unha vez rematado o período de exposición ao público do proxecto o Ministerio de Fomento contrate a obra en 2018. 

“De entrada é unha boa noticia que expoñan o proxecto. Quero crer que a finais de 2018 van contratar a obra, pero ata que vexamos o anuncio no BOE non vou alegrarme. Será entón cando poderemos sorrir porque loitamos desde hai moitos anos para que sexa así”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. “Levamos moitísimo tempo dando leña con este asunto desde o Concello de Oleiros. Conseguimos o terreo necesario para facer a obra de maneira gratuíta grazas a unha cesión e entregámosllo ao Ministerio de inmediato. Ademais agora abarataron bastante o proxecto, polo que non hai ningunha desculpa”, engadiu. 

Esta actuación xunto coa conexión da vía Ártabra coa Autoestrada do Atlántico solucionarían moitos dos graves problemas de tráfico que existen na comarca e nos accesos á cidade da Coruña. Alternativa dos Veciños agarda que a Xunta de Galicia tamén realice en 2018, con cargo a fondos europeos e autonómicos, a última fase da vía Ártabra, unha actuación imprescindible para que esta vía acade todas as súas posibilidades de comunicación e permita que os vehículos se incorporen directamente á AP-9.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa