Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños maniféstase contra a reapertura da mina en Touro e O Pino

22/12/2017

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños amosa o seu apoio á moción do Bloque Nacionalista Galego e aproba unha moción que insta á Xunta de Galicia a denegar a reapertura do proxecto mineiro.

 

O Pleno da Deputación provincial da Coruña ven de aprobar no seu derradeiro Pleno do ano 2017, cos votos favorables de BNG, Compostela Aberta, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e as abstencións de PP e PSOE, unha moción en rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira para a extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino, presentado pola empresa Cobre San Rafael SL.

 

O Pleno, rexeitou aceptar as emendas do PSOE á moción posto que suporían “validar” un proxecto cuxo impacto medioambiental, económico e na saúde sería catastrófico para as zonas próximas ás máis de 689 hectáreas que comprendería o proxecto. «Non pode ser que as empresas que levan anos destrozando a natureza deste país teñan impunidade para seguir estropeando o medioambiente. Hai que facer que paguen para poder recuperar as zonas afectadas», manifesta o voceiro de Alternativa Ángel García Seoane.

 

Así, o Pleno da Deputación aproba trasladar á Xunta de Galicia o rexeitamento da Corporación provincial a este proxecto e demanda que o Ente autonómico obrigue ao titular da concesión á restauración dos solos e das augas contaminadas pola anterior actividade mineira.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa