Criterio
Mes
Ano

O grupo municipal socialista vota en contra das súas propias propostas no pleno

26/12/2017

O pleno municipal extraordinario do Concello de Oleiros que tivo lugar esta mañá aprobou definitivamente diversas ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC. O grupo municipal socialista, que presentou varias alegacións, votou en contra das súas propias propostas. 

“Fixemos un pleno extraordinario porque o PSOE recorreu a actualización das ordenanzas fiscais ao IPC que establecía unha subida do 0,9%. Esas alegacións presentadas polo PSOE implicarán que esa subida sexa superior a ese 0,9%. Ademais, o grupo municipal socialista votou en contra de todo, incluídas as 9 modificacións fiscais nas que se recollían as súas alegacións”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa