Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros subvenciona con 33.178 euros ao alumnado que usa o comedor escolar

29/12/2017

O Concello de Oleiros, para axudar á conciliación familiar, resolveu as subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPAS. En total repartiranse 33.178 euros en axudas dirixidas a 83 nenos.

A contía que se lle concede a cada solicitante depende da renda per cápita da familia e oscilan entre os 700 e os 76 euros. Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas agás 19 nas que se sobrepasan os límites de renda ou existen débedas fiscais, coa Facenda Muncipal ou coa Axencia Tributaria.

Ademais destas subvencións, o Goberno municipal destina 5.000 euros mensuais para os gastos de comedor dos menores en situación de vulnerabilidade. Grazas aos convenios asinados coas ANPA, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos de ensino de Oleiros e que actúan como entidades colaboradoras, o Concello asume o 95% ou o 100% do gasto do comedor escolar daqueles nenos e nenas con familias nunha situación de vulnerabilidade.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa