Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños anima á participación de toda a cidadanía da comarca na concentración do sábado, acudan ou non os seus respectivos alcaldes

09/01/2018

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, pediu novamente a participación da cidadanía de toda a comarca na concentración convocada para este sábado ás 12:30 horas ante a Delegación do Goberno para demandar a urxente necesidade de realizar as obras de mellora e ampliación na N-VI, ponte Pasaxe e Alfonso Molina -principais vías de entrada e saída na cidade e na comarca-, á marxe de se están presentes ou non os seus respectivos alcaldes. Algúns deles expresaron o seu malestar despois de que desde o Concello de Oleiros fosen invitados a participar no acto a través dunha carta.

O novo alcalde de Culleredo, que non está de acordo coa concentración por entender que o asunto debería tratarse no Consorcio das Mariñas, debería coñecer que nos últimos tempos, nas reunións que se manteñen no propio Consorcio para a constitución da Área Metropolitana a metade dos seus membros non asisten. Así mesmo, tamén debería saber que o propio Concello de Culleredo preside a Comisión de Obras Públicas do Consorcio e leva máis de 15 anos sen convocar unha soa reunión para tratar este gravísimo problema dos accesos á cidade e á comarca que afectan ao conxunto da cidadanía, non só á de Oleiros.

Por outra parte, enténdese que por criterio político, e non de interese veciñal, os alcaldes de Arteixo e Carral se ausenten na petición das obras ante o Ministerio de Fomento. Do presidente do Consorcio e alcalde de Abegondo nada que dicir, dado o boicot continuado que está a perpetrar contra a creación da Área Metropolitana.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa