Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros demanda ao Ministerio de Fomento que inclúa no proxecto de Sol y Mar a reposición das infraestruturas públicas afectadas

19/01/2018

O Concello de Oleiros envioulle ao Ministerio de Fomento un documento no que se demanda que o proxecto para a construción dun túnel na intersección de Sol y Mar inclúa a reposición de todas as infraestruturas públicas que van verse afectadas polas obras. O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños leva anos demandando a urxente contratación desta actuación, que melloraría notablemente a circulación nos acceso á cidade e á comarca da Coruña. 

“Non estamos en contra da obra do túnel de Sol y Mar, para nada. Levamos demandándoa moitísimos anos, pero o proxecto que presentou o Ministerio de Fomento non contempla a reposición dun montón de infraestruturas públicas municipais que hai que levantar para facer a obra: rede de saneamento, rede de augas, iluminación pública, beirarrúas... O que pretendemos é que o Ministerio inclúa todas estas cousas no proxecto, para que despois non se diga que non chegan os cartos para facer a obra”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa