Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños manifesta a súa oposición á colocación da planta de residuos oleosos de Oza

22/01/2018

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños amosa o seu rexeitamento á instalación dunha planta de tratamento de residuos de hidrocarburos no peirao de Oza.

 

Así o confirmou esta mañá nos micrófonos de Radio Voz o voceiro do Grupo Provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, que lembrou o episodio do ano 2002 no cal a mesma empresa que pretende instalar a planta en Oza, verteu residuos oleosos á rede de sumidoiros nunha nave industrial de Icaria: «Denunciouse que esta empresa que agora quere instalar esta planta coa conivencia da Xunta en Oza, estaba vertendo residuos tóxicos ao alcantarillado nunha nave industrial de Icaria», asegurou Seoane.

A idea de Limpoil SL é a de levar ao peirao de Oza unhas 4.000 toneladas anuais de residuos de hidrocarburos procedentes do que se recolla dos buques no porto coruñés. Desde o Grupo Provincial de Alternativa dos Veciños, facemos un chamamento aos veciños e veciñas tanto da Coruña como de Oleiros para estar alerta ante o que sería a instalación dunha verdadeira "bomba" ambiental nun porto pesqueiro. A Xunta ten que recapacitar e pensar no desenvolvemento sustentable dunha zona que conta cun importante banco marisqueiro.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa