Criterio
Mes
Ano

As demandas sobre mellora da mobilidade na comarca decidiranse en Mariñán o 2 de marzo

22/01/2018

Os concellos do Consorcio das Mariñas deciden programar para o 2 de marzo unha reunión á que tamén están convidados os concellos de Arteixo e A Coruña no Pazo de Mariñán. Este encontro servirá para decidir o futuro das demandas pola mellora dos accesos á Coruña

 

O grupo de alcaldes do Consorcio das Mariñas decide tras a reunión do pasado venres na Comisión de Infraestruturas convocar unha xuntanza entre os alcaldes da comarca da Coruña para decidir o futuro das demandas para mellorar a mobilidade na área.

 

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, sinala que este encontro convócase como unha mostra de unidade dos concellos da comarca da Coruña para esixir as melloras que necesita a zona: «O tren ata o porto exterior ou a ampliación en Alfonso Molina son melloras que redundarán no benestar da veciñanza da comarca máis importante de Galicia», asegura o rexedor oleirense.

 

Así mesmo, García Seoane lembra a necesidade de que os concellos de Arteixo e A Coruña participen na reunión do 2 de marzo en Mariñán: «Ou remamos nunha dirección, ou nos dividimos e non conseguimos nada. Non se trata de que ninguén claudique. A Coruña é imprescindible por ser a cidade máis importante e ten cousas que dicir, e ningún concello da comarca pode ningunealos. Arteixo tamén ten que estar nesta xuntanza, porque é o futuro industrial desta comarca e tamén é necesario demandar que o tren chegue ata o porto exterior», argumenta Seoane.

 

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa