Criterio
Mes
Ano

Alternativa apoia a concentración de SOS Sanidade Pública do 24 de xaneiro na Coruña

23/01/2018

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Coruña convoca unha concentración no Obelisco para o mércores 24 de xaneiro ás 20 horas, previa á manifestación a nivel galego do domingo 4 de febreiro ás 12 horas en Santiago de Compostela.

 

Baixo o lema «Para defender a nosa Sanidade Pública, non a esta Lei de Saúde» maniféstase o colectivo SOS Sanidade Pública este mércores 24 de xaneiro ás 20 horas no Obelisco (A Coruña).Desde Alternativa dos Veciños anunciamos o noso apoio á concentración e ás demandas de SOS Sanidade Pública e animamos á veciñanza a mobilizarse tanto este mércores en A Coruña como o domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela, na manifestación que sairá da Alameda ás 12 horas.

 

A Sanidade Pública é un dereito de todas e todos e temos que defendelo. Esiximos a paralización do proxecto de lei do PP de cambio da Lei de Saúde que non fará máis que reducir a atención dos hospitais comarcais e consolidará a presenza dos intereses privados na investigación pública e na formación dos profesionais sanitarios.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa