Criterio
Mes
Ano

Alternativa dos Veciños demanda á Xunta o inicio das beirarrúas entre Lamastelle e Cristo Rei e a contratación das de Lorbé

30/01/2018

O Concello de Oleiros demandoulle á Xunta de Galicia o inicio inmediato das obras de construción das beirarrúas entre Lamastelle e o colexio Cristo Rei, contratadas hai máis dun mes. Igualmente, o Goberno municipal solicitou novamente a contratación das beirarrúas no centro de Lorbé, desde a Casa do pobo ata o linde con Sada.

As beirarrúas que se van facer desde Lamastelle ata As Pedreiras e desde ese punto ata o colexio Cristo Rei foron contratadas no mes decembro por 499.971,39 euros. O Goberno municipal conseguiu previamente o solo necesario para a creación de beiravía peonil e carril bici nesta zona logo de chegar a acordos de cesión gratuíta cos propietarios lindeiros coa estrada.

O Concello de Oleiros tamén puxo a disposición da Xunta de Galicia o solo necesario para a construción de beirarrúas en Lorbé, desde a casa do pobo ata o linde con Sada pola marxe dereita. Os terreos foron cedidos gratuitamente polos veciños ao Concello. A Xunta de Galicia, que é a administración titular da estrada, está obrigada agora a dotar de seguridade os peóns nun núcleo urbano tan importante como é o de Lorbé.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa