Criterio
Mes
Ano

Alternativa apoia a manifestación en defensa da sanidade pública do domingo en Santiago

31/01/2018

Alternativa dos Veciños súmase á manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar en Santiago de Compostela este domingo. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda. 

A Sanidade Pública é un dereito de todas e todos e temos que defendelo. Esiximos a paralización do proxecto de lei do PP de cambio da Lei de Saúde que non fará máis que reducir a atención dos hospitais comarcais e consolidará a presenza dos intereses privados na investigación pública e na formación dos profesionais sanitarios. 

Desde Alternativa dos Veciños apoiamos todas as demandas de SOS Sanidade Pública e animamos á veciñanza a mobilizarse.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa