Criterio
Mes
Ano

O Concello de Oleiros pasa a ser propietario de 107.000 metros máis en Bastiagueiro

05/02/2018

A Deputación da Coruña e o Concello de Oleiros asinaron o pasado venres a cesión gratuíta ao Concello de Oleiros de 107.000 metros cadrados, na contorna do estadio do INEF, que xa son propiedade municipal. A maioría deste solo está cualificado polo Plan xeral como zona verde e outra parte está destinada a zona de equipamentos sociais, deportivos e culturais.

O Concello xa dispoñía de 21.000 metros cadrados nesa zona, nos que foron construídos o aparcadoiro e as pistas de monopatín. O Goberno municipal pretende sanear e ordenar todo o ámbito e crear novos equipamentos, tanto para o INEF como para o Concello, cando existan os fondos económicos precisos.

Ver todas as noticias de Oleiros

Axenda Alternativa